Na clase de Arts tamén traballamos arreo!

Neste primeiro tema estivemos falando do arte abstracto e do uso de materiais para representar formas, cores, liñas... pero tamén sensacións e sentimentos.

Como non podía ser doutro xeito, creamos as nosas propias obras de arte, cheas de cor e materiais diversos. Tamén organizamos un rincón da nosa clase para exhibir as nosas pezas, mirade que bonito nos quedou!