O pasado xoves, 11 de outubro, contamos coa presenza dunha personaxe moi querida para os nenos e nenas. Nada menos, que “Braulio Tuber”.

Non hai palabras para describir a mestura de emoción e nerviosismo que invadían as facianas dos alumnos de 3º de E.P cando viron asomar pola porta da aula os dous responsables para gravar con eles un capítulo para a serie de “Os Bolechas”, emitida pola TVG.

De seguro que nunca se lle pasara polo maxín que podían ser actores ou actrices da tele, pero como se de verdadeiros profesionais se tratara, atenderon ás orientacións do cámara e o actor primeiro para logo interactuar con Braulio sobre o Samaín, tema sobre o que trataba a grabación. Un percorrido pola orixe, definición, tradicións ou celebracións para rematar coa intervención da titora explicando as actividades que realizamos no noso centro para festexar esta época do ano.

Só queda agardar pola data de emisión do capítulo, da que informaremos en breve a través das nosas redes sociais.

Moitos parabéns artistas!