O pasado venres oito de novembro, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria visitamos a fábrica de Clesa, en Saiar.

Unha vez no recinto, fomos recibidos por Quique e Carlos, compoñentes de “Polo Correo do Vento” que con gran pericia e humor explicáronnos o exterior da fábrica (depósitos do leite e azucre, zona de descarga…) e o proceso de etiquetado dos iogures e postres lácteos. Tivemos sorte que nos acompañou o bo tempo para poder observar todo.

A continuación, no interior da planta, coñecemos a importancia das cooperativas para obter mellores resultados empresariais, o consumo de productos de proximidade 100% galegos, como factor de calidade alimentaria e consumo responsable e sobre todo descubrimos que en Clesa tamén se traballan os valores de colaboración, apoio muto, solidariedade e responsabilidade… igual que facemos nós no noso colexio!

Despois de moitas preguntas sobre a elaboración dos iogures e postres lácteos, normas de seguridade e hixiene, horarios de traballo, etc… debuxamos (coa axuda de Carlos, que nos ía dando as instruccións de forma moi graciosa) a nosa vaca. Foi moi sinxelo e divertido!

Rematamos a visita observando como traballaban as máquinas da fábrica e os operarios que alí se atopaban, e por suposto, degustando un delicioso iogur de chocolate! Ummmm!!!

Ah! E como somos xente de compartir… trouxemos un conto e algúns iogures para as nosas casas!