Coa chegada da primavera os nos@s cativos de 1º, 2º e 5º gozaron dunhas clases moi especiais no noso xardín.

Os pequenos de 1º visitaron o xardín do colexio, onde puideron observar as distintas partes das plantas e as fermosas cores da flores do fermoso xardín. Ademais regaron os pequenos carballos que os compañeiros de Infantil plantaron. Entre todos podemos axudar.

Por outro lado os de 2º, que xa son moi maiores, observaron as diferenzas entre as distintas plantas. Sabiades que existen distintos tipos de talos? Ou que hai follas con forma de agulla?

Finalmente os maiores de 5º puideron descubrir o proceso da polinización de primeira man. Observando as nosas árbores frutais descubrimos as distintas etapas do proceso.