Os nenos e as nenas de 4 anos estivemos traballando nun proxecto sobre os animais. Comezamos partindo dos nosos coñecementos e experiencias previas sobre os animais... e a verdade é que xa sabiamos moitas cousas!

Pero como sempre se poden aprender cousas novas, comezamos un traballo de investigación seguindo revistas, libros e recursos dixitais para aprender máis sobre familias de animais, a súa alimentación, @s profesionais que os coidan, como xogan e se comunican, onde viven e como nos axudan.

Despois, cada un de nós tivemos que expoñer coas nosas propias palabras o resultado da investigación, para o que nos axudamos de murais, cartolinas, maquetas que preparamos grazas a axuda dos nosos papás e mamás... que ben ser mestre por un día!

Finalmente, fixemos un traballo conxunto de organización de todo o aprendido e realizamos unha autoavaliación de noso traballo individual, do traballo en equipo, das exposicións d@s compañeir@s e por suposto, tamén do profe!