Para que non se perdan as tradicións do noso pobo, hoxe os nenos e nenas de infantil foron facer a bica de pascua ao forno do Inferniño.

Mesturar, amasar e dar forma. Gozaron moito amasando e facendo  o popular bolo de ovo. Este bolo era o que antigamente os padriños lle regalaban aos seus afillados cando chegaba a Pascua.

Pero non todo ía ser traballar! Xa que lles ensinaron uns dos poucos fornos de leña que quedan.

Finalmente, cada neno levou a súa bica para a casa e puideron desfrutar en familia.