Na clase dos Dragóns, os nenos e nenas de 4 anos temos un libro moi especial. É un libro que vai por todas as casas e todos e todas imos contando historias, soños, xogos, medos ….
Esta actividade consiste en levar, durante unha semanas, para as nosas casas a Leo, a nosa mascota de peluche, xunto cun caderno coas páxinas en branco . Durante este tempo o ou a responsable debe coidar de Leo, coma se fose un irmán pequeno.
Na primeira páxina do caderno di así:

Encántanos esta actividade, sobre todo cando levamos ao cole o libro os demais esperan impacientes para ver e escoitar o que contamos no noso CADERNO. Así os demais coñecen todo o que ocorreu durante esa semana na nosa casa, mentres coidamos de LEO. Deste xeito compartimos un anaquiño das nosas vidas cos nosos amigos e amigas, xa que así compartimos medos, alegrías, experiencias, preferencias …
Grazas LEO por facer que nos coñezamos mellor e Grazas ás familias que o estades facendo XENIAL!!!

Deja tu comentario