O día 3 de xuño os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron da granxa escola de Serantellos.

Plantaron no horto, déronlle de comer ó porco Pigcasso, coñeceron os faisáns, pavos, ocas, patos... e demais aves da granxa.

Foi moi especial cando a vaca se deixou querer e os coellos acariñar, tamén estiveron coas ovellas e os ponis. Despois de coñecer aos animais, chegou a quenda de facer o pan coa fariña que, eles mesmos, moeron no muiño.

Despois de traballar, chegou a hora de xantar. Comeron todos xuntos no comedor e merendaron pan con chocolate...

Agora coa lección ben aprendida, xa de volta na súas casas terán que plantar as sementes de cabazas e xirasois que trouxeron.

QUE BEN O PASARON!!!!!