Esta foi unha semana chea de amor e amizade no noso cole.
Fai moitos, moitos anos un sacerdote decidiu casar en segredo a parellas novas que se querían moito, pero o tiñan prohibido por unha lei inxusta. En honra a este sacerdote, despois convertido en santo, celebramos hoxe en día San Valentín.

O día de San Valentín celébrase en todo o mundo o 14 de febreiro, e aínda que algunhas persoas queren quitarlle valor a esta celebración, no noso cole entendemos que o seu verdadeiro significado é unha homenaxe ao agarimo, o respecto e a amizade.
Con este fin, o pasado luns apareceu no cole unha caixa de correo con algunhas instrucións... pero estaban en inglés! Moitos dos alumnos preguntamos para que era, e foron os maiores os que fixándose ben, e incluso tomando notas llo explicaron aos demais... tiñamos que escribir unha carta a alguén a quen quixeramos... pero tiña que ser en inglés. Despois do susto inicial, puxémonos mans á obra, preguntamos ás profes, deseñamos postais, imitamos ideas de Internet... e sobre todo usamos moito a imaxinación.
Había varias regras que tivemos que cumprir:
- - Ser agradable e dicir so cousas bonitas.
- - Ter en conta a aquelas persoas que pode que non recibisen algunha carta.
- - Ser creativos e orixinais.
- - E por suposto facelo en inglés.
Ademais as profes animarónnos a facer máis de unha postal... Así é que cando chegou o momento de repartilas había máis de 500! Menudo traballo!!
Todos os alumnos do cole participaron, dende os pequeniños de 3 anos ata os máis maiores! Houbo cartas e postais para todos, incluso algún profe!
Sen dúbida, é un día que non esqueceremos!