O pasado venres 22 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo emprenderon unha viaxe moi especial, unha viaxe ao coñecemento.
Os pequenos e pequenas subíronse ao tren dos números e visitaron as distintas estacións de aprendizaxe.
Cando os alumnos chegaban a cada estación debían ler as normas sobre a actividade proposta para traballar os números e a súa descomposición. Cando remataba o tempo o revisor deste tren marcaba o seu Ticket de viaxe e trasladábanse a seguinte estación. Ao final o alumnado recorreu as seguintes seis estacións:
·      Estación 1: O dominó dos números.
·      Estación 2: Os pompóns numéricos.
·      Estación 3: Memory
·      Estación 4: Tarsia.
·      Estación 5: O labirinto.
·      Estación 6: Matemáticas dixitais.
Pero... que nos aportan as estacións de aprendizaxe?
As estacións permiten optimizar a aprendizaxe mediante o xogo e fomentan aquilo que mellor se lles da a cada alumno. Ademais, ofrécenlle ao alumnado a posibilidade de brillar, sentirse importante e reforzar a súa autoestima a través de actividades que lle motivan.